O Concello de Guitiriz abriu hoxe, luns 9 de setembro, o prazo de matrícula para o curso 2019-2020 na Escola de Música municipal. Os interesados ou interesadas poderán anotarse ata o vindeiro venres 20 de setembro.
A Escola de Música de Guitiriz ofrece aos seus alumnos e alumnas formación en diferentes especialidades: vento madeira (clarinete, saxofón e frauta traveseira), vento metal (trompeta, trombón, bombardino e tuba), percusión, gaita, acordeón, piano e guitarra.
A Escola ofrece formación para todas as idades desde os 3 anos. A matrícula para os nenos e nenas de Iniciación musical é totalmente gratuíta e aquelas persoas que desexen anotarse deberán entregar no Concello un formulario que poderán atopar na propia casa do concello ou na web municipal.
0 Comments
Leave A Comment