Aberto o prazo para participar nos obradoiros ‘Girl STEAM 2023’ para fomentar un uso creativo e crítico da tecnoloxía. A actividade pretende espertar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada de entre 8 e 15 anos a través de obradoiros prácticos impartidos nas Aulas CeMIT de Galicia.
Co obxectivo de ofrecer contidos plenamente adaptados aos distintos grupos de idade participantes no Girl STEAM 2023, a organización do evento deseña para a primeira franxa de idade (8-11 anos) unha actividade por equipos a partir dun circuíto de luces LED para que se constrúa unha historia, fotograma a fotograma, e a partires de aí presentar unha peza audiovisual en formato stop motion. Para o grupo de 12 a 15 anos, o traballo estará enfocado á creación de tecidos intelixentes. Haberá programación de sensores con Arduino para construír, por grupos, un proxecto sobre unha prenda téxtil que reaccione aos cambios ambientais, de distancia, luz, inclinación, etc.
As insricións realizaranse na propia aula CeMIT de Guitiriz en horario de 9 a 14 horas, dende o 19 ao 31 xullo. Inscricións por orden de chegada. Prazas limitadas a 10 participantes por quenda.
As datas de realización son: a franxa de idade 8-11 anos o 11 de agosto; de 12 a 15 anos o 18 de agosto ambas quendas en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal
0 Comments
Leave A Comment