O Concello de Guitiriz abre o prazo extraordinario para anotarse nas clases de baile para cubrir as prazas vacantes. Ademais, amplíase o rango de idade e poderanse inscribir persoas maiores de 45 anos. As inscricións estarán abertas ata o luns 28 de outubro ou ata completar aforo. Quedan cinco prazas vacantes.

As clases deron comezo o pasado martes 15 de outubro e celebraranse todos os martes e os xoves ás 18:00 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro. O prezo da inscrición varía entre os 15 e os 17 euros, en función do número total de persoas anotadas.

As consultas e inscricións poden facerse de xeito presencial na casa do Concello ou ben a través da sede electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal).

MODELO SOLICITUDE

ANEXO I – DOMICILIACION