Desde o Concello de Guitiriz, ante a preocupación que detectamos polo reparto de #máscaras aos veciños e veciñas do municipio e o seu uso, queremos aclarar que:
- A Garda Civil levou a cabo hoxe o reparto de máscaras subministradas polo Goberno do Estado entre aqueles sectores laborais que tiveron que retomar onte a súa actividade produtiva.
- O stock de máscaras que temos no Concello, correspondentes ao que adquiriu cos seus propios medios e a través do reparto da Xunta, polo momento é limitado e destinase principalmente ò persoal do SAF, servicios mínimos esenciais do Concello, e tamén ó persoal do Centro de Saúde que en momentos puntuais non puido dispoñer delas doutro xeito.
- Se necesitas máscaras porque tes que saír a algunha urxencia podes poñerte en contacto co Concello e facilitarémoschas.
- Polo momento, e debido a que a OMS aínda non recomenda o uso xeralizado de máscaras, estamos a destinalas á pobación que a necesita por prescrición médica e tamén as entregamos para casos urxentes. Se a situación cambia seguro que entre todas as administraciòns reuniremos o material necesario para realizar o reparto xeralizado.
- Lembramos que o máis importante para evitar os contaxios e conter a expansión do #Coronavirus é manter un riguroso #confinamento e seguir as medidas de hixiene indicadas polas autoridades sanitarias.
0 Comments
Leave A Comment