A Oficina Técnica da Televisión Dixital en Galicia está executando unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios para cumprir coa Fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.
Estas intervencións realizaranse o próximo xoves 22 de outubro no centro de extensión de cobertura de TDT de Momán e implicarán cambios nas canles de televisión.
Os veciños e veciñas que reciban o sinal deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT para seguir desfrutando da programación. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a instalación colectiva para garantir unha boa recepción do sinal.
Segundo os cálculos de cobertura da Oficina da Televisión Dixital, veranse beneficiados deste cambio os veciños e veciñas das seguintes entidades de poboación do Concello de Guitiriz:
– As Toxeiras (Labrada).
– Sinde (Labrada).
– Rebórdelo (O Buriz).
– Xiá (O Buriz).
Para máis información pódese chamar ao teléfono 881 866 388 ou consultar a web www.tdtgalicia.gal.
