O Concello de Guitiriz abrirá este luns, 5 de setembro, e ata o día 26 do mesmo mes o prazo de inscrición da súa aula da UNED Sénior.

Esta actividade vai dirixida a persoas de máis de 50 anos que queren seguir formándose. Esta edición contará coa asignatura de música e inglés.

As persoas interesadas poderán anotarse no Concello. Para máis información, chamando ao teléfono 982 370 109.