O goberno local continúa apostando pola conciliación da vida laboral e familiar a través do seu programa ‘Guitiriz Concilia’, un servizo que pretende axudar ás familias do municipio durante todo o curso escolar.

‘Guitiriz Concilia’ dará comezo o 15 de setembro e conta con dúas modalidades: ‘Guitiriz Madrugador’ e ‘Concilia Tardes’. A ambos pódese asistir diariamente, determinados días da semana, semanas alternas ou de forma puntual.

No caso de ‘Guitiriz Madrugador’, o servizo abre ás 8 horas e aténdese aos nenos e nenas ata o horario de entrada no colexio de Lagostelle (9:30 horas). Doutra banda, en ‘Concilia Tardes’, aténdese aos máis pequenos no horario posterior ao colexio e ata as 18 horas.

‘Guitiriz Concilia’ é un espazo no que os usuarios poden participar nas actividades que levan a cabo, xogar nas diferentes opcións que se ofrecen e poden tamén realizar as súas tarefas ou estudar se así o desexan. Está permitido facer uso dos dous servizos pero é convinte que ningún neno ou nena supere as oito horas e media de permanencia no centro. 

A alcaldesa, Marisol Moranderia, explicou que “este servizo é unha saída de gran axuda para as familias que, pola tipoloxía dos seus traballos, ven reducidas as súas oportunidades de conciliación”.

Consulta as normas aquí