Os Reis Magos están xa viaxando cara a Guitiriz cargados de ilusión e de agasallos. Este domingo, 5 de xaneiro, celebrarase a tradicional cabalgata que comezará a partir das 15:30 horas.

A saída será desde o CIT de Parga, ás 17 horas estarán na Ponteveiga e ás 17:30 horas chegarán a Guitiriz, onde saudarán desde o Concello a todos os que se acheguen ata alí. Para finalizar a cabalgata, haberá unha festa no pavillón municipal onde As súas Maxestades de Oriente atenderán as peticións dos máis pequenos e servirase chocolate con churros.