Acaba de finalizar o asfaltado de diferentes vías nas parroquias de Trasparga e Santa Locadia. Uns traballos para os que que o Concello de Guitiriz destinou 94.785,4 euros en total e que están financiados a través do Plan Único da Deputación de Lugo. Por unha banda, na parroquia de Trasparga, aglomerouse a través dun proxecto valorado en 32.971,93 euros a vía que vai desde a N-VI ata a Igrexa pasando por Vilanova e tamén o camiño que une Pena Moscosa coa Iglesia, esta última actuación cun custo de 38.961,15 euros. Doutra banda, na parroquia de Santa Locadia, destináronse 22.852.27 euros para a pavimentación do acceso a Digañe e Raposeira.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destacou a importancia deste tipo de traballos que “permiten mellorar a seguridade viaria no municipio” e avanzou a intención “de seguir mellorando paulatinamente os camiños e vías da rede municipal”.
0 Comments
Leave A Comment