Asinado o acordo co Club Fluvial de Lugo para que as persoas empadroadas en Guitiriz poidan seguir empregando a piscina de Outeiro de Rei do antigo Centro Deportivo D10 durante o curso 2026-2027.

A actividade desenvolverase do 5 de outubro ao 30 de xuño. Xa está dispoñible o trámite de inscrición. Todas as persoas empadroadas en Guitiriz que queiran beneficiarse do desconto e utilizar a piscina, tanto nenos como adultos, deberán achegarse á Casa do Concello para realizar a inscrición.

As persoas usuarias que estiveran inscritas en anos anteriores tamén deberán realizar novamente a inscrición.

No caso dos menores de 16 anos, o prezo será de 30 euros ao mes por acudir unha vez á semana á piscina e de 50 euros ao mes por acudir dúas veces á semana. Para os adultos, o prezo será de 35 euros ao mes por unha vez á semana e de 65 euros ao mes por dúas veces á semana.

As baixas poderanse formalizar antes do día 25 do mes anterior.

Podedes achegarvos á Casa do Concello no horario habitual de atención ao público para formalizar o trámite.