Aprobación definitiva regulamento do Centro de Día “Casa do Capataz”. Aprobado por unanimidade.
Moción do PP para instar ao Goberno de España a garantir a mobilidade dos municipios galegos retirando a proposta do mapa de concesións estatais de liñas de autobús que suprime paradas en vinte e dous concellos + Emenda de sustitución do punto 2 da proposta (Cambio do punto a “Que se manteñan as paradas existentes a día de hoxe no noso Concello mentres non se aprobe un novo mapa concesional”). Aprobada por unanimidade.
Moción do PP relativa a contaminación do río Parga que fai que as súas augas non sexan aptas para o baño + Engadido dun novo punto (“Instar á celebración dunha xuntanza a tres bandas CIT, Comunidade de Montes de Parga e Concello de Guitiriz para abordar a problemática das augas”). Aprobada por unanimidade.
Moción do BNG sobre o proxecto eólico “Satrebares” nas parroquias de Labrada e Os Vilares. Rexeitada cos votos en contra do PSOE, a abstención do PP e a favor do BNG.
0 Comments
Leave A Comment