Dende o día de onte, e debido á entrada en vigor da normativa que obriga a cambiar os contadores da auga, Orden ICT/155/2020, de 7 de febreiro, pola que se regula o control metrolóxico do Estado de determinados instrumentos de medida, o Concello de Guitiriz, a través dunha empresa, procedeu empezar a cambiar algún dos contadores de medición de auga.

Como programa piloto, comezouse pola zona do Curro Vello; tal e como informaron traballadores do concello ós veciños uns días atrás. Estes cambios, non suporán ningún coste para os titulares dos contadores, que seguirán sendo os mesmos que antes.

Agradecemos a vosa colaboración, e desculpade as molestias que se puidesen causar.