DONA Mª SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que dende o Campo de Manobras e Tiro de Parga (Guitiriz) infórmannos cós días 11, 12, 13, 14, 15 e 16 de novembro de 2024, Unidades da Armada (Escola Naval Militar), realizarán unha serie de marchas topográficas e exercicios de instrución, que requiren o desprazamento polo exterior da propiedade militar.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Alcaldesa

MªSol Morandeira Morandeira