BANDO

DONA Ma SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que tendo en conta o estadio de seca, que estamos a padecer, as recomendacións por parte de Confederación Hidrografica do Miño-Sil, así como o aumento de visitantes, e para evitar que nun futuro se produzan restricións no subministro de auga potable, pregamos que fagan un uso responsable do consumo da auga empregando só a auga estritamente necesaria para actividades cotiás.

Deste xeito comunicase que queda prohibido regar as hortas e xardíns privados , así como encher as piscinas domésticas con auga da traída municipal ata que se faga unha nova comunicación.