DONA MARIA SOL MORANDEIRA MORANDEIRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que a Unidade Móbil 01 de inspección técnica de TURISMOS desprazarase ao Concello de GUITIRIZ nas seguintes datas e ubicacións:

  • Do 25/09/2024 ao 30/09/2024 Polígono Industrial (Guitiriz).

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:

  • 27/09/2024 que será horario só de mañá.
  • 30/09/2024 que será horario só de mañá.

Para solicitar cita previa:

  • Por teléfono: 902 90 50 54.
  • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa.

A Alcaldesa

María Sol Morandeira Morandeira