O Concello de Guitiriz está a organizar o Campamento 2020, que terá lugar do 6 ao 10 de xullo deste ano. Está destinado a rapazas e rapaces nacid@s a partir do ano 2004 e ata o 2010, ambos incluídos.
Celebrarase unha reunión informativa o día 19 de xuño de 2020 ás 20:30 horas na Casa Habanera, onde se fará entrega da programación completa e dos horarios.
Para que se celebre esta actividade é necesario que haxa un mínimo de 25 persoas inscritas. O máximo situarase en 50 nenas e nenos inscrit@s. Consulta no cartaz toda a información.
Por outra banda, lembrade que podedes enviar a seguinte documentación cuberta, referente aos campamentos de verán, a través da sede electrónica ou no enderezo electrónico info@concellodeguitiriz.com.
0 Comments
Leave A Comment