O Concello de Guitiriz organiza para o próximo luns, 7 de novembro, unha charla informativa para coñecer mellor a factura da luz.
Terá lugar na Casa Habanera e haberá dúas quendas: pola mañá, ás 11 horas, e pola tarde, ás 16:30 horas. Está dirixida ao público en xeral e pídese ás persoas que asistan que leven unha factura para así poder analizala.
0 Comments
Leave A Comment