O Concello de Guitiriz organiza o próximo luns, 31 de xaneiro, ás 12 h. no Restaurante La Casilla unha charla para informar aos veciños e veciñas sobre a instalación de novos parques eólicos no termo municipal.
Correrá a cargo de José Antonio Diéguez e Jacobo Feijoo Lamas, da Asociación Ventonoso, unha entidade para a promoción e fomento das enerxías renovables e a conservación, promoción e defensa dos recursos naturais e do medio ambiente.
O obxectivo deste encontro é explicar a situación na que se atopa cada un dos parques eólicos que afectan a Guitiriz e asesorar á veciñanza sobre as posibilidades que teñen.
0 Comments
Leave A Comment