O Concello de Guitiriz organiza para este xoves, 13 de outubro, dúas charlas en Guitiriz e Parga para informar e formar á veciñanza sobre o bo uso dos tres composteiros comunitarios que se instalaron.

En Guitiriz a charla será ás 16:30 horas na Casa Habanera e en Parga será ás 18 horas na Escola da parroquia. As persoas que asistan aprenderán a usar os tres composteiros comunitarios que hai instalados agora mesmo: dous en Guitiriz (na rúa Tralouteiro e na rúa do Concello) e un en Parga (na avenida da Paz).

Para máis información pode chamarse ao teléfono 982 370 109 ou enviar un correo electrónico a medio-ambiente@concellodeguitiriz.com.