O programa Ineco RuralTIC para a dixitalización social e económica da poboación chega mañá, martes 5 de marzo, a Guitiriz, onde os traballadores desta consultura pública, pertencente ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, permanecerán durante dúas semanas.

O obxectivo destas sesións, que están dirixidas á poboación en xeral e son presenciais, é romper a fenda dixital, con formación e apoio no uso das novas tecnoloxías. En cada sesión, dunha duración de unha hora e media, impartirase un obradoiro diferente.

Mañá, martes 5 de marzo, terá lugar o primeiro ás 10:30 horas na Casa Habanera. Neste caso tratará sobre a banca dixital e as compras en liña e abarcará aspectos como as transferencias, Bizum, facer unha declaración da renda, métodos de pago, webs de confianza, envíos e devolucións.