O Concello de Guitiriz aposta outro ano máis, durante o mes de xuño, polo ciclo de actividades ‘Tardes de Lecer’, dirixidas aos nenos e nenas de educación primaria e infantil.
Esta programación cultural e de conciliación constará de 4 actividades ao longo do mes de xuño e terán lugar CEIP Lagostelle, os martes e os venres en horario de 15:15 a 16:45 horas.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 5 de xuño, ou ata completar aforo, a través do formulario dispoñible na web municipal que se poderá entregar de xeito presencial na casa do concello ou vía telemática a través da sede electrónica.
Programación completa
6 de xuño: ‘Axudante de medio ambiente’, obradoiro de reciclaxe.
9 de xuño: ‘Que mercamos en Guitiriz?’.
13 de xuño: ‘Eu mo guiso, eu mo como’, obradoiro sobre produtos locais.
16 de xuño: ‘Pasapalabra’.
0 Comments
Leave A Comment