O Concello solicita á veciñanza que só acudan ás oficinas da casa consistorial para asuntos imprescindibles e sempre mediante cita previa no 982 370 109, para evitar aglomeracións e reducir probabilidades de contaxio.

O Concello está en contacto permanente coa Conselleira de Sanidade e Educación, para mantelos informados da situación epidemiolóxia, xa que é a administración autonómica a que ten a postestade para tomar medidas máis restrictivas, no caso de ser necesarias.

Á súa vez, o equipo de goberno tamén está a manter unha continua comunicación cos grupos da corporación municipal.