O Concello de Guitiriz abriu hoxe, xoves 13 de outubro, o prazo de inscrición para participar en clases de baile, dirixida a persoas maiores de 50 anos. Esta actividade municipal é totalmente gratuíta é o obxectivo é pasar un rato agradable bailando e, á vez, facer exercicio.
As persoas interesadas poderán anotarse ata o 28 de outubro de xeito presencial na casa do concello ou a través da sede electrónica. As prazas son limitadas e as sesións comezarán o mércores 2 de novembro, sempre no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro de 18 a a 19 horas.
0 Comments
Leave A Comment