As clases en liña e gratuítas para ao alumado das Escolas Deportivas de Guitiriz seguirán levándose a cabo ata o vindeiro 15 de marzo.

Durante este período, os monitores serán os encargados de asignar os exercicios e de realizar un seguemento das actividades. Tamén estarán dispoñibles para resolver calquera dúbida.