Hoxe comezan as clases en liña e gratuítas para os alumnos e alumnas das escolas deportivas do Concello de Guitiriz.
Esta modalidade formativa manterase durante o tempo que permanezan activas as actuais restricións sanitarias para poñer freo á COVID-19.
Durante este período, os monitores serán os encargados de asignar os exercicios e de realizar un seguemento das actividades. Tamén estarán dispoñibles para resolver calquera dúbida.
0 Comments
Leave A Comment