Comezaron as obras de rehabilitación do firme na LU-P-2302, unha vía que comunica a Guitiriz co Concello de Sobrado dos Monxes. As actuacións, que correrán a cargo da Deputación de Lugo, realizaranse nun treito de 6 quilómetros, entre a parroquia de Mariz ata o límite con Coruña, entre os puntos quilométricos 3,5 e 9,5, cun orzamento de 197.880,54 euros.
As actuacións mellorarán as comunicacións viarias. Os traballos consistirán na limpeza das cunetas, con reafirmado dos bordes, dotando despois a toda a superficie dunha capa de aglomerado en quente, e que finalmente realizarase a sinalización horizontal.
0 Comments
Leave A Comment