O Concello de Guitiriz conmemorou o 8M, Día Internacional da Muller, cunha concentración no Campo da Feira, onde se leu un manifesto en favor da igualdade. Antes, as persoas participantes percorreron as rúas de Guitiriz detrás dunha pancarta co lema da campaña municipal: ‘Nin ela, nin el. NÓS somos feminismo’.

Antes da concentración as persoas que acudiron ao Campo da Feira puideron participar nun entretido obradoiro de pancartas.

Ademais, a fachada da casa do concello tinguiuse de morado.