O Concello de Guitiriz quere involucrar aos seus veciños e veciñas no deseño do logo da tradicional Carreira Popular, que non se viña celebrando nos últimos anos e que este ano a recuperou o goberno local.
Para iso, convocamos un concurso aberto a toda a cidadanía para que presentedes as vosas propostas de logo. O deseño gañador recibirá unha “Tablet Wacom” e un diploma.
O único requisito: que o deseño estea relacionado co pobo e o deporte.
O prazo para presentar as propostas xa está aberto e finaliza o 28 de outubro, os interesados en participar deben enviar os deseños ao correo electrónico imorado@concellodeguitiriz.com.
O concelleiro de Deportes, Iván Morado, anima a todos os veciños e veciñas a participar nesta iniciativa que “perdurará durante todas as edicións que se fagan da Carreira Popular”.
Bases do concurso, aquí.
0 Comments
Leave A Comment