O vindeiro mércores, 12 de agosto ás 18:30 na Casa Habanera, terá lugar a actuación da contacontos musical ‘Onde está o vento?’.

Esta función está incluida dentro do programa ‘Ler conta moito’. Un programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede, a través do seu catálogo, actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraínte.

O espectáculo de contacontos musical contará con monicreques de gomaespuma e cancións populares cantadas en directo. Serán aproximandamente 38 minutos de espectáculo e ao rematar, as familias poderán sacar fotos co decorado, os monecos e a actriz. Además poderán interactuar e tocar algúns dos personaxes (rste momento soe durar entre 15-30 minutos, dependendo do número de persoas).

As prazas son limitadas e a idade recomendada dos asistentes será desde os 6 meses ata os 6 anos. Será preciso 1 acompañante por menor.

Información e inscricións no teléfono 982 370 109.