A ruta do Muíño da Ruxida, celebrada onte, domingo 29 de xaneiro, reuníu a un total de 40 participantes, coa asistencia da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira.
O tempo acompañou, cun día frío e soleado, para levar a cabo esta camiñata circular de 12 quilómetros polo monte de Parga, con saída e volta en Parga, chegando á fervenza e ao muíño da Ruxida, que ofreceu aos participantes unha estampa espectacular.
A seguinte saída do programa ‘Guitiriz en Ruta’ terá lugar o domingo 26 de febreiro e será no río Trimaz, en Xermade.
0 Comments
Leave A Comment