A rúa Nova está cortada ao tráfico debido á aparición dunha fochanca de gran profundidade que impedía totalmente a circulación. 

Como a rúa dá acceso a garaxes o Concello De Guitiriz estableceu un desvío alternativo para os usuarios e usuarias destes: deberán ir por Rosalía de Castro e posteriormente empregar un camiño acondicionado para o paso de vehículos.

A incidencia e o desvío habilitado xa están sinalizados e o goberno local está a acometer o amaño da fochanca para poder abrir a rúa o antes posible. 

Desculpade as molestias.