O Concello de Guitiriz programa para o próximo mércores, 12 de xaneiro, a charla ‘Dálles unha nova vida’ para aprender a restaurar e que estará impartida por Pepe de Pígara. Será ás 18:30 horas na Casa Habanera e para participar é necesario anotarse, ata o mesmo día da charla ás 14 horas, nos teléfonos 982 370 109 e 982 370 062.

O obxectivo da charla é conseguir que a persoa participante sexa capaz de realizar unha valoración inicial do estado da peza, decidir cal sería a intervención máis adecuada e levala a cabo da mellor maneira posible, atendendo ás diferentes técnicas existentes.