O Concello de Guitiriz resolveu o premio da III edición das ‘Receitas de Outono con poesía’, resultando gañador o traballo “Dama de Castro” realizado por Eshter Ansade Calvo e María García, e enviado por María Rosa Gandoy.

A entrega do agasallo á receita/poema gañadora será mañá, 28 de decembro ás 19:00 horas, na caseta do Concello situada no Mercado de Nadal que se está a realizar no Campo da Feira de Guitiriz.

Esta III edición de ‘Receitas de Outono con poesía’ cumpriu o seu obxectivo de poñer en valor os produtos do outono e dinamizar a lectura e a escritura.

Tras o veredicto, as persoas do xurado coincidiron que o nivel medio dos traballos presentados foi realmente satisfactorio, destacando a variedade das receitas presentadas.