Este domingo, 22 de decembro, rematará a sexta edición do programa ‘Guitiriz en Ruta 2024’. Farao cunha saída pola Ruta do Río Requeixo, que conta cun percorrido de 12 quilómetros en total.

A saída está prevista para as 10 horas desde San Alberte, xunto á ponte, e os tres primeiros quilómetros serán pola Ruta da Auga, desde San Alberte ó Pitero, e despois enlazará coa ruta do Río Requeixo, de 9 quilómetros, rematando na ponte do Porto dos Bois (O Buriz).

As inscricións son gratuítas e poden formalizarse de forma presencial no Concello ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09. O prazo para anotarse estará aberto ata o xoves 19 de novembro ás 15:00 horas.