Na tarde de onte, 17 de febreiro, reuniúse nas dependencias da Casa Habanera de Guitiriz, o xurado do concurso “Antroido 2021”, convocado polo Concello de Guitiriz en alianza coa Asociación Cultural Xermolos. O xurado estivo composto por Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz; Alfonso Blanco, Coordinador de Asoc C. Xermolos e Manolo Castro, Directivo de IESCHA.
Tras proceder á valoración dos disfraces e mecos presentados ao concurso, as persoas do xurado intercambiaron impresións e coincidiron en declarar os seguintes gañadores/as:
- Disfrace mellor elaborado: “Os Ciencitolos”
- Disfrace máis orixinal: “Vítimas ou culpables”
- Disfrace máis humorístico: “Cocorrio e a súa mamá”
- Disfrace máis musical: “Xa se foi”
- Mellor Meco: “Meco-Barcinas…tómalle outra!”
Cada unha das categorías anteriormente citadas, son os gañadores do tradicional goxo de Antroido composto por : cacheira, chourizos,lacón, grelos, fariña, anís, fariña e unha botella de viño. Lembrade que os/as menores participantes levan un obsequio.
Ata o ano que vén!
0 Comments
Leave A Comment