No BOE publicado o venres 22 de maio contémplanse a flexibilización de certas restriccións para municipios que se atopan nas fases 0 e 1 e poderán acollerse desde hoxe a algunhas das medidas de alivio previstas para a fase 2.

Destacamos as seguintes: 

 Paseos e actividade física non profesional:

  • Elimínase o límite de saída dun adulto cun máximo de tres nenos. Todos os convivintes nun mesmo domicilio poderán sair xuntos.
  • O límite e o termo municipal ou, no seu defecto, a unha distancia máxima de cinco quilómetros.
  •  Poderán saír xuntos, respectando as medidas de seguridade e hixiene, grupos dun máximo de 15 persoas.

Hostalaría:

  • Poderán reabrirse ao público os establecementos de hostalaría e restauración para consumo no local, excepto discotecas e bares de ocio nocturno. A prestación do servizo nas terrazas ao aire libre realizarase conforme ao previsto para a fase 1.

Toda a información no BOE ▶ https://bit.ly/3eaE2VE