O Concello de Guitiriz abriu hoxe, luns 2 de setembro, o prazo para anotarse ás Escolas Deportivas municipais para este curso 2019-2020. O obxectivo é fomentar entre os veciños e veciñas de todas as idades un estilo de vida saudable a través da práctica deportiva.

O goberno local deseñou un programa composto por 11 actividades dirixidas tanto aos máis pequenos como aos adultos do municipio. Así, os interesados poderán anotarse a fútbol sala (con categorías desde  minibenxamín ata xuvenil); ximnasia rítmica; atletismo e campo a través; baloncesto; taekwondo; actividades  aeróbicas como aeróbic, step e zumba;  ioga; pilates; ximnasia de rehabilitación en Parga e ximnasia de rehabilitación en Guitiriz.

O prazo para anotarse ás actividades estará aberto ata o venres 20 de setembro e as inscricións deben realizarse no  Concello en horario de 8:30 a 14:30 horas. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición e, segundo ordenanza municipal, será necesario un mínimo de 12 participantes para realizar cada actividade. 

Ademais, segundo a mesma ordenanza, o prezo de cada disciplina é de 10 euros por mes e existen descontos para familias numerosas ou con poucos recursos e tamén para aqueles que estean matriculados en dous ou máis actividades.

Descarga pinchando aquí o modelo de inscrición.

Descarga pinchando aquí o programa completo