O Concello de Guitiriz é un dos beneficiarios do programa ‘Prende! Bota raíces non rural’ que impulsa a Deputación de Lugo co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos en municipios de menos de 5.000 habitantes.
Esta iniciativa, dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, permitirá financiar a formación dos participantes en diferentes sectores que actualmente contan cunha alta demanda no mercado laboral: autoemprego e creación de empresas, hostalería e turismo, o campo e os animais, sector eólico e repoboación forestal son os cursos que se ofertan.
O prazo para formalizar a inscrición finaliza o 20 de xaneiro e este venres, 10 de xaneiro, representantes da Deputación de Lugo estarán a partir das 13:30 horas na Casa Habanera para explicar detalladamente aos interesados e interesadas os beneficios e posibilidades deste programa.
A alcaldesa, Marisol Morandeira, encomiou a importancia deste tipo de accións que axudan “a consolidar poboación no rural e a reter o talento novo nutrindo á súa vez de persoal cualificado ás empresas da zona”.
Máis información en: https://bit.ly/2QzFb00
0 Comments
Leave A Comment