O Concello de Guitiriz pasará mañá, luns 25 de maio, á #Fase2 da #desescalada. As principais medidas que suporá este cambio son:

  • Pódese circular por toda a provincia respectando as medidas de seguridade e hixiene e a distancia mínima de seguridade en grupos dun máximo de 15 persoas. Este límite non se aplicará entre persoas convivintes.
  • Reapertura de locais e establecementos minoristas con independencia da súa superficie útil de exposición e venta. Só poderán ter un 40% do aforo total do local, terán que garantir a distancia de 2 metros entre clientes e un horario de atención prioritario para maiores de 65 anos.
  • Poderán reabrir ao público os locais de hostalería e restauración para consumo no local, sempre que non se supere un 40% do seu aforo. Non poderán abrir os bares de ocio nocturno e as discotecas.

Consulta a guía completa do Ministerio de Sanidade pinchando aquí.