O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns 26 de outubro un novo prazo para cubrir as prazas vacantes na Escola Infantil Municipal de cara ao curso 2026/2027. En concreto, quedan dispoñibles 8 prazas no Grupo 2-3.

As familias interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 31 de outubro, tanto de xeito presencial nas dependencias municipais como a través da sede electrónica do Concello.

Para obter máis información sobre o proceso de solicitude e os requisitos de acceso, as persoas interesadas poden consultar a páxina web oficial do Concello de Guitiriz ou acudir presencialmente ao Departamento de Servizos Sociais.