A Biblioteca Municipal ‘Casa Habanera’ do Concello de Guitiriz acolle desde hoxe, 15 de marzo, a exposición ‘Camiño da Luz’ do fotógrafo Pepe Varela, unha mostra sobre o Camiño dos Faros.
A exhibición está composta por 53 imaxes en cor do Camiño a través da Costa da Morte, entre A Coruña e Finisterre. Viaxeiros e camiñantes acompañan os distintos lugares que mostran toda a grandeza destas paisaxes e a costa galega.
Pepe Varela comezou a traballar con tan só 16 anos no estudo ‘Foto Lamela’. Nove anos despois, con 25, trasladouse ao estudo coruñés da rúa Real ‘Foto Blanco’ ata a súa xubilación. Ao longo da súa traxectoria profesional, Pepe tivo a oportunidade de fotografar a grandes personaxes da política ou da cultura como a catro Premios Nobel: Severo Ochoa, Saramago, Rigoberta Menchu e Camilo José Cela.
0 Comments
Leave A Comment