O Concello de Guitiriz acollerá este sábado, 23 de marzo, a actuación de Susana Seivane trío, dentro do ciclo de concertos ‘Con Voz de Muller 8-M’ da Deputación de Lugo. Terá lugar na Biblioteca Municipal ‘Casa Habanera’ ás 20:00 horas.

Susana é unha gaiteira que se caracteriza por un son celta e folk. A súa traxectoria inclúe sete discos ao longo destes 25 anos. O seu último proxecto, ‘Sete’, combina a gaita con enfoques contemporáneos e vibrantes.

A iniciativa, que ten como obxectivo visibilizar a música de mulleres, contou tamén nesta edición coas artistas Zoelas, Agoraphobia e Cantar Delas.