O Concello de Guitiriz ampliará a súa oferta do PAI en 15 prazas de educación infantil (0-3 anos) a través dunha axuda no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
A concesión desta axuda, que ampliará a oferta para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral no municipio, está dentro do programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública e suma un total 92.780,25 euros.
Tras a concesión, a alcaldesa de Guitiriz Marisol Morandeira, destacou que “seguiremos insistindo ante a Xunta de Galicia para obter a financiación necesaria para poder cubrir todas as prazas de 0-3 anos que fan falta no noso Concello. Visto que ata agora non obtivemos resposta, o PAI non quedará sen ampliar, a parte de financiación que non chegue con esta axuda será aportado con fondos propios do Concello”.
0 Comments
Leave A Comment