Unha imaxe do día da inauguración do campo de fútbol de Parga, no ano 1956, cubre desde hai uns días a fachada dun edificio desta parroquia. O Concello de Guitiriz cofinanciou, xunto coa copropietaria actual do inmoble, o pintado deste mural apostando pola renovación estética do espazo público a través da arte urbana.

A creación, titulada ‘Máis ca unha dama’, é obra do coñecido artista coruñés Joseba Muruzabal. A propietaria púxose en contacto con él para ofrecerlle a súa fachada e o Concello decidiu aceptar a proposta para completar o orzamento ao considerar a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, que “debemos contribuír a este tipo de iniciativas que axudan a renovar e mellorar a estética do espazo público, que é de todos”.

Escolleuse unha fotografía do día da inauguración do campo de fútbol de Parga xa que a muller que aparece na imaxe, Dolly’, é unha tía da copropietaria actual do edificio. O artista explica así o proceso de creación:

En 1956 se inauguraba el campo de fútbol de Parga, por aquel momento era uno de los centros económicos de la provincia de Lugo.

Dolly, la mujer sobre la pelota, es una persona muy querida y reconocida en el pueblo. A su derecha, con camiseta a rayas, sonríe su cuñado Pedro. Ambos son propietarios del edificio.

Además de pintar un momento en la vida social de Parga, me permití hacer una modificación que desmarca a la protagonista elevándola así sobre sus acompañantes. Dejé la marca del corta/pega en Photoshop para evidenciar la manipulación.

“Máis que unha dama”, remarca esas capacidades ocultas o sin explotar de las mujeres, en una época donde su papel a nivel público era casi siempre ornamental.

La lucha por la paridad continua!

Gracias a Azucena, hija de Pedro y sobrina de Dolly por darme libertad a la hora de elegir el motivo. Mecenas en Galicia rural!!! Y al concello de Guitiriz por completar el presupuesto para la realización del mural. La primera colaboración entre propietarios y concello por mejorar el espacio público en la que participo”.

Acto polo 64 aniversario

Paralelamente, o Concello de Guitiriz organizará o 19 de agosto, día no que se celebra o 64 aniversario da fotografía, un acto de recoñecemento ás persoas que estiveron presentes no acto de inauguración do campo.