Este domingo, 29 de decembro, celebrarase a última saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, coa que será a oitava saída da actual edición do programa organizado polo Concello coa colaboración do Club Btteiros Cova da Serpe. Nesta ocasión realizarase a Ruta de Fin de Ano.
O itinerario comezará ás 10:00 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz, con chegada ao mesmo punto. Ao igual que o resto de rutas do programa, será apta para todos os públicos, cun percorrido de 20 quilómetros cun desnivel de 300 metros aproximadamente.
As inscricións son gratuítas e estarán abertas ata este xoves, 26 de decembro, podendo formalizarse de xeito presencial no Concello ou a través das redes sociais do Club BTTeiros Cova da Serpe.
Para asistir só é preciso apuntarse e levar bicicleta propia, casco e roupa cómoda, aínda que tamén é aconsellable levar unha peza de froita e auga. Os menores de idade deben ir acompañados por una persoa adulta.
Con esta ruta, conclúe o actual calendario do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, polo que tamén é a ruta do final da temporada.
0 Comments
Leave A Comment