O Concello de Guitiriz organizará o vindeiro 20 de decembro o III Torneo de Tenis de Mesa Concello de Guitiriz, unha cita deportiva que busca promover a práctica desta disciplina e ofrecer un espazo de encontro, participación e convivencia para todas as persoas afeccionadas a este deporte.
A competición terá lugar na Nave do Senpa e desenvolverase en dúas quendas. A primeira será pola mañá, a partir das 10:00 horas, mentres que a segunda terá lugar pola tarde, desde as 16:30 horas.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición antes do 17 de decembro, enviando un correo electrónico ao enderezo guitiriztm@gmail.com. Na mensaxe deberán incluír o nome completo, a idade e un teléfono ou outro dato de contacto.
Para tomar parte no torneo, cada xogador ou xogadora deberá achegar a súa propia raqueta, así como roupa e calzado deportivo. Os arbitraxes serán realizados polos propios participantes e a competición rexerase pola normativa federativa.
