O Concello de Guitiriz organizou para este venres, 25 de novembro, ás 19 horas unha concentración no Campo da Feira en repulsa contra a violencia machista, que será o acto principal que se levará a cabo este ano polo 25N, Día Contra a Violencia de Xénero.
Ademais, durante toda a semana difundiranse nas redes sociais de ‘Guitiriz Igualdade’ diferentes materiais que xirarán en torno ao lema deste ano: ‘O teu silencio pode matar. Non á violencia machista’.
0 Comments
Leave A Comment