O Concello de Guitiriz conmemora o Día das Bibliotecas cun certame de poesía na Casa Habanera, o vindeiro 24 de outubro, ás 19:00 horas.

O recital poético musical contará coa presenza de Alma Selene como voz e José Manuel Brea á guitarra. O evento poderá seguirse de forma presencial, pero tamén de xeito telemático e en directo a través do Facebook do Concello, que realizará unha emisión en streaming.

O aforo será limitado debido ás medidas de seguridade e de prevención fronte a COVID19. Todas as persoas interesadas poderán recoller as entradas no propio recinto antes do comezo da función.