O Concello de Guitiriz conmemorará o 8M, Día da Muller, cunha manifestación para darlle visibilidade á loita pola igualdade de dereitos e a importancia de seguir ‘Sementando Igualdade’ e de estender na sociedade os valores do feminismo.

O sábado, 8 de marzo, haberá unha manifestación con saída ás 19 horas do Campo da Feira de Guitiriz. A agrupación Trapeiros dos Vilares encargarase de poñer o peche á xornada cunha foliada.

Desde o Concello animan ás persoas asistentes a que leven as súas pandeiretas, tanto para a manifestación como para a foliada.