Mañá, 15 de outubro, conmemórase o Día Internacional das Mulleres Rurais e desde o Concello de Guitiriz crearase un arquivo para manter viva a historia de xeracións de mulleres que foron piares do sustento e dos coidados na memoria colectiva.
A través da campaña ‘Guitiriz medra con elas’, o Concello tecerá un arquivo onde ser recopilen os nomes e alcumes de cada unha das mulleres do rural do municipio.
O homenaxe farase a través da red social Facebook. Calquera persoa poderá sumarse a esta iniciativa en catro sinxelos pasos
- Accede a Facebook.
- Crea unha publicación e nela escribe o nome da muller que quieras visibilizar, acompañado do seu alcume e o nome do lugar de residencia.
- Engade o cancelo: #mulleresruraisguitiriz
- Se queres e podes, engade unha foto que teña relación coa muller nomeada.
O obxectivo principal de conmemorar este día é visibilizar a importancia que merece a achega económica, social e cultural que desenvolven as mulleres en áreas rurais de todo o mundo e a súa decisiva contribución á seguridade alimentaria.
0 Comments
Leave A Comment